V Carreira Solidaria
Informamos de que o vindeiro 13 de xuño en horario de mañá vai ter lugar a V Edición da nosa Carreira Solidaria.
Este ano recaudaranse cartos para a Fundación Andrea: de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración.
Hoxe os nenos levaron un tríptico con máis información, que tamen poderedes descargarvos nos documentos adxuntos a esta publicación.
Agradecemos entreguen os cartos recaudados polos seus "patrocinadores" na maior brevidade posible a cada titor/a.
Moitas grazas pola vosa colaboración e agardamos que vos animedes tamen a participar con nós na carreira.
"Unha pequena acción vale máis cunha gran intención"
Adxunto | Tamaño |
---|---|
TRIPTICO INFORMATIVO.pdf | 1.23 MB |
"Unha pequena acción vale máis que unha gran intención”.png | 237.79 KB |