Queridas familias,
deixamos o enlace da FESTA DO ENTROIDO 2021!!!
Estimadas familias,
Dacordo coa Orde:
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
Comunicamos que:
O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición (IES de Coruxo), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no Ceip Ría de Vigo ou a través da aplicación “admisionalumnado”
(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
o formulario normalizado (ED550A) que se adxunta
O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2021.
De ser o caso este formulario normalizado será facilitado gratuitamente no centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da consellería de educación.
ANEXO I .
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_g.pdf
ANEXO 1 BIS
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexo_i_bis_g.pdf
ASUNTO: MÁSCARAS
Estimadas familias,
achegamos enlace ao DOG relativo aos criterios e procedemento de distribución de máscaras:
Resume:
Destinatario: Alumnado matriculado en educación primaria
Solicitudes
a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.
b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
Forma de presentación da solicitude: De forma presencial no centro
Prazo: do 16 ao 27 de novembro.
Queridas familias,
queremos comunicarvos que a Aula Virtual (AV) do noso centro xa está operativa. Esta AV será utilizada nos diferentes cursos do noso centro e na que o profesorado do centro publicará información, recursos e tarefas dirixidas ao seu alumnado.
Debemos destacar o seguinte:
- O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria fará uso desta AV en todas as súas materias.
- O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria empregará estas aulas nas materias que lle sexan notificadas polo profesorado.
- O alumnado de Educación Infantil fará uso da AV en función do comunicado polo seu profesorado.
A AV será empregada do seguinte xeito:
- por unha banda no caso do peche do centro ou dalgunha das súas aulas.
- de xeito complementario na actividade lectiva o profesorado poderá pedir ao seu alumnado que visite a AV e faga nela algunha tarefa.
Para calqueira dúbida estamos a vosa disposición. Moitas grazas!!
Informamos que para comunicar calqueira incidencia relacionada co COVID-19 deberán chamar ao teléfono:
644327301
Para asuntos urxentes de autobús ou comedor poderán chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp ao mesmo número.