Xa está aberto dende este sábado ata o vindeiro 24 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas de libros do Concello de Vigo. Como xa dixemos, nesta convocatoria as familias que xa obtiveron a axuda o curso pasado só deberán firmar unha declaración responsable asegurando que se cumpren os requisitos necesarios. A axuda pode tramitarse online
https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4778&lang=es
ou presencialmente no rexistro xeral do Concello (solicitando cita previa). Se precisades o certificado de matrícula, podedes solicitalo presencialmente no centro, por correo electrónico ou descargalo na aplicación de Abalar, na pestana de descarga de documentos