No centro seguimos coa teima de reducir ao máximo os residuos que xeramos. Por esto, dende hai uns anos, estamos participando no programa de "Teachers for future" e tentar chegar a ter nos recreos CERO residuos co emprego, por exemplo, de envases reutilizables por parte do alumnado,
Nestes días chegou ao centro o DIPLOMA do Ministerio de Educación no que felicita ao noso centro pola participación neste programa.
Na ORDE do 6 de maio de 2021 a Consellería de Educación convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP) no curso 2021-2022
A quen van dirixidas estas axudas?
- Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo para alumnado de 3º, 4º e 6º de EP.
Ata cando está aberto o prazo? Ata o 22 de xuño
Onde se presentan as solicitudes?
1. Presentaranse, preferiblemente, por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros
ou ben a través da sede electrónica
Estimadas familias,
Está en marcha a edición 2021 da Estratexia Galega de Convivencia. Toda a comunidade educativa ( alumnado de 5º e 6º de primaria, familias, persoal docente e non docente) está invitada a participar na recollida de datos sobre este transcendente aspecto da vida escolar.
Agradecemos a vosa participación para ir construindo conxuntamente un modelo de convivencia positiva e onde os conflitos xurdidos se resolvan democrática e satisfactoriamente.
Esta enquisa é moi rápida e sinxela de facer e totalmente anónima.
As familias precisades unicamente a clave para acceder que será proporcionada polo centro a través do alumnado.
Ao alumnado de 5º e 6º tamén se lles proporcionará as claves. En caso de que algún alumno/a non teña posibilidade de facelo na casa habilitarase un espazo para que a realice no propio centro.
Tedes de prazo ata o 29 de abril !!
"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
Moitas grazas por participar!!
Toda a FAMILIA que formamos o Ceip Plurilingüe Ría de Vigo queremos darvos a benvida a todas as familias que no vindeiro curso entrades a formar parte desta nosa comunidade educativa e por suposto desta FAMILIA.
TODAS AS RESERVAS DE PRAZA CONTAN CON PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022
Voltaremos contactar con vós no mes de xuño para o proceso de formalización de matrícula.
PARABÉNS!!!