FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Na ORDE do 6 de maio de 2021 a Consellería de Educación convoca o Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en Educación Infantil (EI) e Educación Primaria (EP) no curso 2021-2022

A quen van dirixidas estas axudas? 

- Participación no fondo solidario de libros de texto do centro educativo para alumnado de 3º, 4º e 6º de EP.

Nota: O alumnado de 5º EP non participa no fondo solidario de libros de texto xa que o centro entra no proxecto de Educación Dixital nese curso. Si terán dereito a solicitar a axuda de material
 
- Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º EP
 
- Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria
 

Ata cando está aberto o prazo? Ata o 22 de xuño

 

Onde se presentan as solicitudes?

 

1. Presentaranse, preferiblemente, por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación:

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

ou ben a través da sede electrónica

https://sede.xunta.gal

 

2. Opcionalmente poderán presentarse de forma presencial no centro ou en calquiera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.