AULA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO

Queridas familias,

queremos comunicarvos que a Aula Virtual (AV) do noso centro xa está operativa. Esta AV será utilizada nos diferentes cursos do noso centro e na que o profesorado do centro publicará información, recursos e tarefas dirixidas ao seu alumnado.

 

Debemos destacar o seguinte:

- O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria fará uso desta AV en todas as súas materias.

- O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria empregará estas aulas nas materias que lle sexan notificadas polo profesorado.

- O alumnado de Educación Infantil fará uso da AV en función do comunicado polo seu profesorado.

 

A AV será empregada do seguinte xeito:

- por unha banda no caso do peche do centro ou dalgunha das súas aulas.

- de xeito complementario na actividade lectiva o profesorado poderá pedir ao seu alumnado que visite a AV e faga nela algunha tarefa.

Para calqueira dúbida estamos a vosa disposición. Moitas grazas!!

 

ACCEDER Á AULA VIRTUAL