Skip to Content

Outras actividades

INVITACIÓN PARTIDO DO RACING

 Algúns alumnos/as do colexio fomos invitados a ver o partido do Racing celebrado o sábado 5 de novembro no estadio de "A Malata".

 

AINDA QUE PERDEMOS, PASÁMOLO BOMBA!!!!!

 

Erasmus Plus

Presentación final do proxecto Erasmus +, "En familia" que se estivo a desenvolver en centros de Ferrol, Polonia e Gales.

DÍA ESPECIAL NO CEIP RECIMIL

27 de maio: Agarimosa despedida de Tati, administrativa do CEIP Recimil desde hai 26 anos. Ímola botar moito de menos.

Premer na imaxe para vela a tamaño completo.

Acceso á galería de imaxes.

O XARDÍN DA PRIMAVERA

Ola a todos e a todas! Hoxe queriamos compartir convosco o xardín da primavera do noso colexio. Trátase dun xardín un pouco especial… agora entenderedes o porqué.

Cada aula tivo que pensar unha palabra en galego relacionada coa primavera, e levamos cada palabra ás flores do xardín. A partir disto, fíxose un sorteo onde a cada aula lle tocou unha palabra, e sabedes o que? Con esa palabriña tivemos que elaborar un pequeno poema que falase da primavera. Foi así como creamos o noso xardín de primavera, un xardín cheo de palabras e poesía. Aquí tedes o resultado, a nós encantounos! Agardamos que a vós tamén vos guste!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado martes 1 de marzo, coincidindo co inicio do proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso, celebrouse no centro unha xornada de portas abertas, actividade incluída no Plan Socio-comunitario impulsado polo Concello de Ferrol, a través da área de Benestar.

Contamos coa asistencia de familias, de representantes da ANPA e da federación de ANPAS, de persoal docente do IES Sofía Casanova, da Concelleira de Benestar Social e do Concelleiro de Educación así como de representantes de diversas entidades culturais e sociais do barrio.

A xornada consistiu nunha visita polas dependencias do colexio, na que se lles deu a coñecer ás persoas asistentes o traballo docente que a diario se desenvolve: proxectos de centro e de aula, innovación educativa, atención á diversidade, organización académica... (Premer na imaxe da esquerda para ver as fotos.)

E tamén:

- Interpretación musical e de danza por parte dunha alumna do centro e de dúas ex-alumnas. (Vídeo)

- Exhibición de capoeira, actividade extraescolar que se estaba a desenvolver esa tarde. (Vídeo)

Moitas grazas a todas as persoas participantes.

Igualmente agradecemos o bo facer da traballadora social e da educadora familiar no desenvolvemento educativo do Plan Socio - comunitario coa iniciativa "Aula de Familia" que se está a desenvolver no colexio todos os martes.

CONCERTO DIDÁCTICO

Ola a todos e todas!! Os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º curso de Educación Primaria, o pasado mércores 11 de novembro, asistimos a un concerto didáctico no auditorio de Caranza.

Até alí fomos camiñando, agás os nenos e nenas de 3 anos que foron no autobús. Ao chegar, agardamos a que comezara o concerto que levaba por nome “Iván e o lobo gris”,representado pola Asociación Musical Musicreques.

Foi moi divertido!! Mediante un teatro de monicreques coñecemos as aventuras de Iván cando ía paseando polo bosque, en momentos pasamos medo…e sabedes que? A historia estivo acompañada de música que tocaban dúas pianistas… que fermoso, gustounos moito!!

 Aquí deixamos algunhas fotos:

Blog da Asociación Musical Musicreques

CAMPAÑA DE SOLIDARIEDADE

 

 

Xa se fixo entrega do primeiro lote de tapóns cedidos pola comunidade escolar, dentro da campaña "Apoiemos a Hugo".

 

 

 

 

MOITAS GRAZAS!

 

 

 

  

CONCERTO DIDÁCTICO NO JOFRE

Alumnado de Educación Infantil e Primaria (1º e 2º ciclo) asistiron o 4 de decembro a un concerto didáctico celebrado no Teatro Jofre.  

Os instrumentos de vento foron os protagonistas deste espectáculo titulado "Os Sons do Vento". Entre eles, un órgano de botellas, unha mangueira-trompeta ou unha regadeira-clarinete.

A obra, que o Concello de Ferrol incluiu no programa educativo para o curso 2013-14, chegou da man de Pep Gol e Pep Pascual. 

Enlace a un vídeo de YouTube publicado polos autores.                                                                         

EDUCACIÓN EN VALORES NO CINE

O 13 de novembro unha boa parte do alumnado do cole participou nas xornadas de cine "EDUCACIÓN EN VALORES" que a área de Educación do Concello de Ferrol organizou en colaboración coa Fundación Lumière.

stas foron as películas:

"EL RUISEÑOR", para os nenos/as de 4º e 5º de Educación Infantil. Nela trátanse valores de respecto e xenerosidade.

 "VECINOS INVASORES", proxectada para 1º ciclo e 3º de EP. A amistade, o traballo en equipo e o coidado do medio ambiente son os aspectos que aborda.

Recitado poesías Carvalho Calero

Con música de fondo, diferentes poesías de Cavalho Calero foron recitadas por alumnos de todos os niveis de EP como acto reivindicativo para que se lle dedique o Día das Letras Galegas do próximo ano a este escritor ferrolán.

E tamén houbo entrega de premios correspondentes a:

  • II certame de pintura "Carme Martín", organizado pola ANPA.
  • Certame de poemas de primavera organizado polo colexio de Ventín.
  • XIII certame "Poesía e Imaxe" convocado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e coa colaboración do concello de Ferrol.
Distribuir contido


by Dr. Radut