Skip to Content

Outras actividades

A nosa "Exposición do Mar"

Zongalo Quirico desexa invitarvos á exposición sobre o mar que, grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, "inundará" a biblioteca do centro desde o 13 ao 24 de maio.

O horario de visita para as familias será o seguinte:

  • Polas mañá de 9'15 a 9'50.
  • Polas tardes de 5 a 6.

E o martes 14 de maio tamén contamos coa visita dun mariñeiro de Cedeira quen tivo a xentileza de contar ao noso alumnado a súa experiencia no mar e de contestar as preguntas que os nenos/as lle fixeron.

Concerto Banda de Música Tercio Norte (Novembro 2012)

OBRADOIRO CICLISMO

 

Durante a semana do 12 ao 16 de marzo, o alumnado de segundo e terceiro ciclo participaron nunha actividade de ciclismo dividida en dúas partes:  charlas impartidas por un ciclista profesional e clases prácticas no patio do colexio.   

 Ver máis fotos.

Día Internacional das persoas con discapacidade

 O 3 de decembro celebramos o Día Internaional das persoas con discapacidade. O noso obxectivo é educar no respecto pola diferenza e na inclusión de todas as persoas.
Colocamos no panel da entrada un mural informativo para implicar a toda a comunidade escolar na conmemoración deste día.
Proxectamos unha serie de videos sobre as persoas con trastrastorno de espectro autista, un video dun coro de persoas con discapacidade, o conto  " Por cuatro esquinas de nada" ...

ENLACES DOS VIDEOS:

- Mi hermanito de la luna: http://youtu.be/0HRD310kVOY

- El viaje de María: http://youtu.be/YybEpQK_g-8

- El cazo de Lorenzo:  http://youtu.be/OK4CyYaatI0

- Por cuatro esquinitas de nada: http://youtu.be/DBjka_zQBdQ

Concerto didáctico

O 30 de novembro asistimos a un concerto da Banda do Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol, celebrado no ximnasio do cole. Durante unha hora, ademais de tocar coñecidas obras musicais, tamén nos falaron dos instrumentos e algúns alumnos/as puideron probar algúns deles e mesmo dirixir a banda. Para ver un vídeo premer na seguinte imaxe.

Ver fotos.

Curso 2010-11

RECITADO DE POESÍA NO CARVALHO CALERO

O mércores 17 de novembro alumnado de Educación Primaria participou nun acto de recitado de poesías en lembranza de D. Ricardo Carvalho, organizado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.

Enlace á galería de imaxes.

Neste mesmo acto o Equipo de Dinamización de Lingua Galega fixo entrega dos premios aos gañadores do III concurso de contos de medo.

OUTRAS ACTIVIDADES

De compras no supermercado... para unha festa fin de curso!

Teatro no IES Ferrolterra.

Exposición Escola Antiga.

Distribuir contido


by Dr. Radut