Skip to Content

Día familias

E OS NENOS/AS DAS FOTOS SON ...

Se premedes en cada imaxe poderedes acceder a cada "collage" no seu tamaño orixinal e ... comprobar a que profesorado recoñecestes. Foi difícil ou tivestes moitos acertos?

DÍA DAS FAMILIAS - 15 DE MAIO DE 2020

Grazas a todas as familias polas vosas contribucións!

Fixemos este vídeo con moito agarimo, porque sabemos que nestes momentos estades aí cos vosos fillos e fillas acompañándoos e coidándoos da mellor maneira posible.

Grazas de parte de todo o profesorado polo voso labor.

RECOÑECEDES A ESTE PROFESORADO?

Certo que pasaron algúns anos... vale ... moitos! Pero sodes quen de coñecer nas fotos destes neno/as a a algún mestre ou mestra?

Houbo quen cambiou moito, houbo quen non tanto. Imos darvos facilidades.

Se premedes en cada imaxe poderedes acceder a cada "collage" no seu tamaño orixinal...

 

DÍA DAS FAMILIAS 2020

15 de maio. Día das familias.

Ola familias!

Este ano non imos poder celebrar este día como gustarianos facelo. Pero o Día das Familias SI que o imos FESTEXAR!! Dende o Equipo de Convivencia animamos a que todas as familias participedes nestas dúas propostas:

- Xogamos a adiviñar que profes se agochan nunhas fotos de cando eran pequenos/as. Aparecerán na páxina web do cole o mércores 13 e o xoves 14. Estade moi atentos. A ver se coñecedes a alguén...

- Que os vosos fillos e fillas fagan un debuxo da súa familia ou un “collage” con fotos e materiais que teñades por casa. Tamén podedes enviar unha foto de familia. Data límite de envío o xoves 14 antes das dúas da tarde, ao enderezo:

colerecimil@gmail.com

Montaremos un vídeo cos debuxos, fotos ... que mandedes. Todas serán benvidas.

Agardamos con ilusión a vosa participación.

Moitas grazas. Un saúdo.

 

DÍA DAS FAMILIAS

O día14 de maio, día das familias colaboramos na tómbola, na chocolatada...para recadar cartos para a excursión de fin de curso. Algúns participamos nas exhibicións de baile e capoeira. Moitas  grazas a todos e todas pola vosa asistencia e participación. 

David e Adelina, 6ºA                              

DÍA DAS FAMILIAS 2018

· TÓMBOLA

- Vendéronse boletos cos que se conseguía un regalo. Había libros, crebacabezas, xoguetes...

 · CHOCOLATE E DOCES

- Chocolate acompañado de algo doce. Estaba todo boísimo!

Moitas grazas, familias, pola  vosa colaboración! E nós, nenos/as de 6° EP, tamén tivemos que botar unha man! Á fin e ao cabo, os cartos recadados van axudar a financiar a nosa excursión de fin de etapa a Alvarella, para a que xa queda pouco.

E ademais: 

· OBRADOIRO

- De pintura: elaboración dun mural.

· EXHIBICIÓN

- De capoeira. 

Premer na seguinte imaxe para acceder á galería:

 

ISOLINA, LAURA E LUNA (6° B)

DÍA DAS FAMILIAS - 2017

Publicadas na galería as fotos do DÍA DA FAMILIA, celebrado o 16 de maio. (Premer na imaxe da esquerda para velas).

Estas foron as actividades realizadas ao longo das dúas horas que durou esta xornada de convivencia:

  • Venda de chocolate (acompañado dun saboroso doce).
  • Venda de obxectos decorativos confeccionados polos nenos/as de 6º.
  • Tómbola.

(O recadado con estas tres iniciativas axudarán a abaratar o custe da excursión de fin de etapa).

  • Interpretacións musicais por parte de alumnado de diferentes cursos.
  • Exhibición de capoeira.

  • Exhibición de acrosport: titores e titorizados TEI.

  • Exhibición de robótica (obradoiro que se está a desenvolver no centro con alumnado de 5º e 6º de EP).

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

FESTA DA FAMILIA 2016

Martes 24 de maio de 2016

Chocolate quente acompañado de doces.

Tómbola atendida polas rapazas e rapaces de 6º de EP.

Exhibición de baile e de capoeira.

Os cartos recadados neste día servirán para abaratar o custe da excursión de fin de etapa, para a queda pouco tempo...!

DÍA DA FAMILIA 2015

O pasado 12 de maio celebramos o DÍA DA FAMILIA. Unha xornada organizada polo Equipo de Convivencia do Centro na que se levaron a cabo as seguintes actividades:

  • Unha tómbola (novidade este ano).
  • Degustación de chocolate acompañado de doces elaborados por docentes e familias.

(Estas dúas actividades permitiron recaudar fondos para axudar a financiar a excursión de fin de etapa do alumnado de 6º)

  • Exhibición de capoeira.
  • Flashmob coa canción de Macaco: "Una marea de gente".

DÍA DA FAMILIA 2014

A Asamblea Xeral da ONU decidiu no ano 1993 que se celebrarase o Día Internacional da Familia o 15 de maio. Por terceiro ano consecutivo no cole decidimos celebralo na tarde do martes 13 de maio coa participación de alumnado, profesorado e familias e coas seguintes actividades organizadas polo equipo de convivencia do centro:

  • Degustación de chocolate acompañado de diversos doces elaborados por docentes e familias.
  • Venda de obxectos elaborados polo alumnado de 6º para conseguir cartos que axudasen a financiar a excursión de fin de etapa.
  • Exhibición de actividades extraescolares: capoeira e baile moderno.
  • Baile no patio da canción do lipdub do día da paz.

Vídeo desta xornada de convivencia

(Premer na imaxe)

AS IMAXES

 

VÍDEOS EXHIBICIÓN AAEE:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut