Skip to Content

DÍA DAS FAMILIAS 2020

15 de maio. Día das familias.

Ola familias!

Este ano non imos poder celebrar este día como gustarianos facelo. Pero o Día das Familias SI que o imos FESTEXAR!! Dende o Equipo de Convivencia animamos a que todas as familias participedes nestas dúas propostas:

- Xogamos a adiviñar que profes se agochan nunhas fotos de cando eran pequenos/as. Aparecerán na páxina web do cole o mércores 13 e o xoves 14. Estade moi atentos. A ver se coñecedes a alguén...

- Que os vosos fillos e fillas fagan un debuxo da súa familia ou un “collage” con fotos e materiais que teñades por casa. Tamén podedes enviar unha foto de familia. Data límite de envío o xoves 14 antes das dúas da tarde, ao enderezo:

colerecimil@gmail.com

Montaremos un vídeo cos debuxos, fotos ... que mandedes. Todas serán benvidas.

Agardamos con ilusión a vosa participación.

Moitas grazas. Un saúdo.

 



page | by Dr. Radut