Skip to Content

E. Infantil, E. Primaria, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Por etapa

POÑÉMONOS EN FORMA 6ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> CLASE DE PSICOMOTRICIDADE 6ºB EI

Co noso calendario de merendas saudables, co circuíto de exercicios do patio e coas clases de psicomotricidade poñemos en práctica a nosa premisa de vida saudable para medrar sans. Apuntádevos á comida saudable e ao exercicio veredes como vos sentides mellor.

ANIVERSARIO DE ALEXANDER E YERAY!

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Parabéns Alexander e Yeray

Hoxe  están de cumple  Yeray e Alexander no cole! Xa teñen 4 primaveras e para celebralo, invitáronnos a un delicioso biscoito! Moitos parabéns! Moitos parabéns!

XA CHEGOU A PRIMAVERA EN TRES ANOS

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Primavera 3 anos

 

Xa chegou a primavera! 

Época de flores, bó tempo e de aprender moitas cousas!

Benvida primavera.

MERENDANDO CONTOS

Álbum: Educación Primaria 2023-2024 -> Merendando contos

Mens sana in corpore sano.

Que importante é o alimento para o cerebro. E non hai nada mellor que merendas saudables no cole mentres podes ler os teus contos en galego favoritos.

Foi unha gran experiencia. Aos rapaces lles gustou moito, seguro que outro día repetimos.

E xa sabedes, podedes repetir na casa as merendas con contos, pero sempre merendas saudables. Nós tivemos: chocolate negro, pavo, queixo e froita variada: arandos, amorodos, plátano e mazá.

Non quedou nada

Distribuir contido


by Dr. Radut