Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Día de Rosalía
Como ben sabedes, o 24 de febreiro estivo de aniversario Rosalía de Castro, e na clase estivemos aprendendo máis cousiñas sobre ela. Algo sobre a súa vida, os poemas máis famosos, o amor pola terra...
E sabías que?
Rosalía ten unha estrela que leva o seu nome, o que nos deu pé a crear a nosa propia constelación!
Con todo isto, quedamos con ganas de máis, así que aproveitando que o 8 de marzo é o día da muller, seguiremos a estudar un pouco máis sobre esta nova estrela que brilla no ceo: Rosalía de Castro!