Skip to Content

Plan Proxecta, Aliméntate ben!

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Día da Alimentación

Non me cansarei de recomendar a froita a calquera hora do día. E que mellor forma de lembrar este 16 de outubro, día mundial da alimentación, cunhas ricas mazás que nos agasalla o cole!

Neste día, lemos contos moi interesantes como Tanta Miga, A pequena oruga glotona, Alimentación sa, Golosina e perrozoso...Tamén fixemos sorrisos de mazá e por suposto, as comemos. Que boas estaban!

TANTA MIGA, TANTA MIGA,

MÁIS FROITA,

E MENOS BARRIGA!

FESTA FIN DE CURSO SAUDABLE EN INFANTIL

Os nenos de 4º  de Educación Infantil fixemos unha festa de fin de curso con froita divertida. 

AMORODOS CON TONA

Os nenos de 4º B de Educación Primaria hoxe tivemos unha merenda moi especial: amorodos con tona. 

Lavamos e picamos os amorodos: 

   

Batemos a tona:

    

   Repartimos en pratos para comer e invitar aos compañeiros das clases veciñas

    

    

    

PLANTAMOS SEMENTES DE MAZÁS

Os nenos de 4º de Educación Infantil plantamos sementes de mazá e vemos como xerminan e van medrando as  plantas. Vemos a maceira que temos no cole.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut