SAMAÍN 2023 NO COLEXIO
Onte celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Por exemplo, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade e neste martes (que non era 13) tocaba disfrazarse. Bótalle un ollo as imaxes de enriba!
Durante toda a mañá, por clases, tamén fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante. preme aquí para velo!