Skip to Content

E. Primaria

O NOSO FILME GAÑADOR NO V FESTIVAL DE CURTAS ÓPERA PRIMA 2018

 

Xa vos contabamos o outro día que os nenos e nenas de 5º e 6º de EP resultaron gañadores e gañadoras do Premio á mellor dirección no V Festival de Curtas öpera Prima 2018. E hoxe presentámosvos a película coa que levaron o premio. Esperamos que vos guste!

Aquí tendes o elenco de artistas participantes:

5º EP

  • Candela Antonio Costela
  • Rosmery Arenas Quispe
  • Moussa Cámara
  • Ainoha Castro Joglar
  • David Gomes dos Santos Pereira
  • Lucía González Guisande
  • Uxúe Juncal Lamas
  • Karina Nicole Lugo Anderson
  • Jonathan Alexander Marte Cano
  • Leo Parafita Lamas
  • Yoel López Rilo
  • Stefana Volontir

6º EP

  • Izan Blanco Romero
  • Camilla Giovanna García Vieira
  • Yanira Gómez García
  • Pablo Idahosa
  • Mouhamed Niang Thioukiri
  • Juanita Restrepo Zapata
  • Andrea Gabriela Ugarte Cervantes

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO V FESTIVAL DE CURTAS ÓPERA PRIMA 2018 PARA O NOSO COLEXIO

Álbum: Educación Primaria 2017-2018 -> Premio á mellor dirección no V Festival de Curtas Ópera Prima 2018

A gala foi presentada por Ramiro Neira, actor e monologuista, e contou coas actuacións de algúns dos gañadores e participantes do “VI Certame de monólogos cómicos en lingua galega 2017” e coa presenza da concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, que xunto cos membros do xurado entregou os premios e diplomas aos 98 participantes. Entre eles, o Premio á mellor dirección nas curtametraxes foi foi a parar ao noso alumnado de 5º e 6º de EP. Parabéns!

Imaxe: http://edu.aytolacoruna.es

PROGRAMA "COME RICO, VIVE SANO"

Informamos que desde o  15 ao 31 de xaneiro de 2018 o alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso Centro participará no Proxecto “Come rico, vive sano”, que ten como obxectivo a concienciación dos escolares sobre a importancia de hábitos saudables a través dunha dieta equilibrada e a práctica de exercicio promovido por Vegalsa Eroski de cara ao fomento dunha alimentación saudable.

Con estas xornadas de alimentación e hábitos de vida saudable “Come rico, vive san”  trátase de facer chegar aos/as nenos/as a información que necesitan dunha maneira práctica e proactiva, de modo que eles/as mesmos/as participen en actividades relacionadas coa compra diaria, a preparación de alimentos e o exercicio físico, así como coñecer as propiedades dos alimentos, os seus efectos no noso organismo e as posibilidades culinarias coas que podemos enriquecer a nosa dieta dunha forma sa e divertida.

O proxecto, contará, ademais, coa participación do equipo de cociñeiros do chef, estrela Michelin, Luis Veira, do restaurante Árbore da Veira, que ofrecerá un taller de cociña onde os/as nenos/as poderán elaborar e degustar as súas propias creacións de comida saudable nunha food-truck especialmente deseñada para este evento. Actividade física, clases prácticas, charlas, obradoiros, exposición gráfica e unha excursión a un supermercado da zona son algunhas das dinámicas que levaremos a cabo durante estas xornadas.

Descarga aquí a circular.

Descarga aquí o formulario de autorización da imaxe.

XORNADA DIVULGATIVA. "OS TESOUROS DO VESUBIO"

O luns 15 de febreiro disfrutamos coa presenza no Centro do divulgador e xornalista D. Emilio Varela (antigo alumno deste Centro)que espertou o interese entre os alumnos/as de 6º de primaria e mestre/as cuns fermosos documentales sobre a profesión de vulcanólogo e sobre o acaecido no Vesubio no ano 79.

Moitas grazas Emilio por adicarnos un pouco do teu tempo e por realizar esta labor divulgativa de maneira tan amena e divertida. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut