Skip to Content

BELÉN DE CINE

Informamos que desde hoxe e ata o xoves, día 21 de decembro, en horario de 16 a 18 horas, as familias que o desexen poden vir ao colexio a ver o Belén Navideño feito polo alumnado con material de refugallo e coa temática central deste ano: “O cine”  O Belén está situado nas entradas do pavillón 1 e do pavillón 2.

Agardamos que lles guste.

FESTA NADAL 2023

TÍRALLE DA LINGUA 2023

Álbum: Educación Primaria 2023-2024 -> Tíralle da lingua

Xa temos gañador e finalistas do concurso de Tíralle da lingua!

Moitos parabéns polo voso traballo, o xurado tivo unha difícil decisión, pero finalmente:

Gañador: Marco López Rodríguez

Finalistas:

  • Xulia Felípez Abad
  • Sofía Gómez Pisfil
  • Aula de 1ºB EP
  • Aula de 2ºB EP

PARABÉNS RAPACES E SEGUIDE TIRÁNDOLLE DA LINGUA

MAGOSTO 2023

Álbum: CURSO 2023-2024 -> MAGOSTO 2023

O venres festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas. Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

Distribuir contido


by Dr. Radut