Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Laranxada de Outono
Hoxe na aula de 5ºB de infantil fixemos zume de laranxa e unha degustación desta froita tan rica.
Por equipos esprimimos moitas laranxas e isto serviunos para traballar e mellorar a motricidade das nosas manciñas.
Aínda temos laranxas para uns días. Grazas familias pola vosa colaboración.
Encantounos!!