Skip to Content

O NADAL CHEGOU Á NOSA PORTA!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Decoramos a porta da clase

O Nadal está a piques de chegar e na nosa clase, xa nos estamos preparando. 

Comezamos decorando a nosa porta cunha cheminea e un Papá Noel caendo dentro! Repasamos, pintamos, recortamos e... listo! Se queredes ver o resultado, botádelle un ollo ás fotos!

VOTA A PALABRA DO ANO 2021

GAÑADOR E FINALISTAS DA 1ª FASE DE "TÍRALLE DA LINGUA" NO COLEXIO

Lembras que o concurso constaba de dúas fases: unha no centro e, se pasabas esta fase, outra a nivel galego. Pois xa temos relato gañador. O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do centro quere agradecer a implicación e entusiasmo da rapazada que participou no certame.

GAÑADOR

FINALISTAS

MENCIÓNS ESPECIAIS

  1. BIANCA VENTUREIRA LOSCHIAVO
  2. DANIEL A. ROQUE SÁNCHEZ
  3. SAMIELS TORIBIO SULLCA
  4. DANIELA MONTERO LÓPEZ
  5. MIELI M. FRÍAS MARIÑO
  6. ELVIS EGHAVAREVA KENNEDY
  7. TOUGOUNE DIALLO COULIBALY
  8. ASSANE NIANG TOUKIRI

Grazas todas e a todos por participardes. Agora, desexámoslle toda a sorte do mundo a Óliver para a segunda fase do concurso!

NOTA: a entrega de premios e diplomas terá lugar nos vindeiros días.

MAGOSTO 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Magosto 2022: comida

Hoxe festexamos o tradicional magosto. Comezamos a mañá prendendo os fogóns e enchendo aos poucos as potas coas castañas. 

Coa primeira tixolada delas, un grupiño de nenos e nenas de Infantil fomos elaborando sobres agasallo con tres castañas (lembrade a canción). Para que? Para levárllelos os pequenos e pequenas da EIM Agra do Orzán. A xentiña da escola infantil quedou encantada.

O recendo das castañas asadas espallouse polo colexio e entráronnos as gañas de xogar. No patio, montamos unha chea de xogos con castañas e fomos pasando por todos eles.

Esgotados e esgotadas de correr, sentamos e entregáronse os premios dos concursos do Samaín: o de cabazas e o de relatos Dáme medo. Parabéns aos premiados e premiadas! Se queredes ler os contos no Rakonto, premede nesta ligazón.

 

Xa para rematar, o máis importante dun magosto: comer as castañas. Mirade as fotos: houbo quen comeu un par de ducias delas.

Preme na imaxe de enriba de todo ou vai á galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut