Skip to Content

FASE DE RESERVA DE PRAZAS NO IES AGRA DO ORZÁN PARA O ALUMNADO DE 6º EP

Formulario de reserva de praza

Outros docs informativos

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Preme aquí para máis info.

VISITA DOS REIS MAGOS 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Visita dos Reis Magos 2022

Onte, a ANPA do colexio tróuxonos os Reis Magos. Instaláronlle, como non podía ser doutro xeito, un salón de tronos na biblioteca e os cativos e cativas foron pasando por ela. Mirade a reportaxe fotográfica premendo na imaxe. Ao longo desta fin de semana, iremos subindo as fotos.

VISITA DO APALPADOR 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Visita do Apalpador 2022

Levabamos todos estes días preparando a súa visita:

E, finalmente, hoxe alguén chamou á porta dalgunhas aulas e, ao abrila, apareceu el: o Apalpador. Recén chegado do Courel, coa súa chaqueta de pana, a súa barba roxa...

Vémonos para o ano, Apalpador!

Distribuir contido


by Dr. Radut