Skip to Content

REMATE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informamos que hoxe é o último día de actividades extraescolares de 4 a 6 da tarde. A partir de mañá, día 1 de xuño (incluído), o alumnado que se quede a comedor ten que ser recollido antes das 16 horas.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

MATERIAIS PARA AS LETRAS GALEGAS 2022

Premendo na foto poderás acceder a unha chea de materiais para traballar a figura de Florencio Delgado.

O MURAL ENKI DO NOSO COLEXIO

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Mural ENKI

A Fundación ENKI trouxo ao noso colexio a súa iniciativa solidaria para a sensibilización social en relación coas persoas con dificultades visuais e auditivas. Trátase da campaña de murais en lingua de signos e sistema braille en centros educativos, con apoio da Xunta e a Deputación da Coruña.

Se tes a posiblidade de entrar, o mural atópase no muro do portalón do lado dos Mariñeiros, pola parte de dentro.

Máis info premendo nesta imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut