Skip to Content

REVISTA ANUAL "VIVEIRO 2020-21"

Xa sabedes que o Viveiro é a revista anual do noso colexio. Os rapaces e rapazas levan un exemplar á casa en papel. Pero, esta versión dixital sempre agocha sorpresas e contidos interactivos. Descubrídeos!

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

Informamos que desde hoxe, 21 de maio, e ata o día 22 de xuño (ambos inclusive) está aberto o prazo de presentación de solicitudes  para participar no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar (Orde do 06 de maio de 2021).

Poderán atopar toda a información:

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía telématica e tamén poderá facerse presencialmente na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30, respectando as medidas sanitarias en vigor.

Descarga aquí toda a documentación asociada ao procedemento:

O NOSO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

Xa sabes que levamos un par de semanas coñecendo o verbo e a persoa de Xela Arias e agora ímosche contar un pouco polo miúdo o que estivemos a facer.

Fanzines como nos que escribía Xela

Un fanzine é unha publicación afeccionada, xeralmente realizada de forma colectiva sobre un tema especializado, sen unha periodicidade estable e sen ánimo de lucro. No cole temos varias publicacións sen ánimo de lucro nas que queriamos publicar poemas ilustrados de Xela Arias. Cada ciclo tivo que ilustrar algún dos seus versos e os debuxos gañadores son estes de embaixo. Os premiados e premiadas (tamén nos outros dous concursos) recibirán o agasallo nos vindeiros días e as obras serán publicadas nun apartado especial da revista anual O VIVEIRO.

Mira aquí a entrega de premios.

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2021/22

Desde hoxe están expostas no taboleiro do colexio as listaxes de alumnado admitido e non admitido para o curso que vén.

Distribuir contido


by Dr. Radut