Skip to Content

LISTAXES DEFINITIVAS DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe, están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes definitivas do fondo de libros.

LISTAXES PROVISIONAIS DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Desde hoxe, están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes provisionais do fondo de libros.

GAÑAMOS O CONCURSO "VALOREMOS A AUGA"

Emalcsa vén de comunicar os gañadores do concurso de vídeo “Valoremos a auga” posto en marcha na Coruña e a comarca para crear unha corrente de opinión e debate público sobre o valor que as persoas outorgan a auga e destacar todos o seus usos e a necesaria implicación social para facelos sostibles.

Tras reunirse o xurado, o vídeo gañador foi o presentado polo grupo de 5º B de Educación Primaria do CEIP Raquel Camacho que, coordinados pola súa titora Ángeles Roca, presentaron unha creación na que o propio alumnado falaba dos distintos usos que tiña a auga e a súa relevancia para a vida. De feito, o xurado outorgoulle a máxima puntuación pola “importante participación e preparación das mensaxes cun esforzo por facelo atractivo para a xente”.

Ademais de 500 euros de premio para o centro escolar, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo, un agasallo e a posibilidade de facer unha visita guiada aos principais espazos relacionados co subministro de auga na comarca.

CHEGA FIN DE CURSO E...

 

Prezadas familias:

Hoxe rematamos un curso diferente que comezamos con moito medo e incertidume. Un curso que foi un reto para a sociedade e para o sitema educativo.

E como todos os finais de curso é un momento de balance e, sobre todo, de recoñecemento e felicitación polo bo traballo realizado entre todos/as: familias, alumnado, persoal docente e non docente...

Por iso, todo o Claustro do profesorado e Equipo Directivo do CEIP Raquel Camacho quere darlles as...

GRAZAS

...e desexar a todo o mundo un...

BO VERÁN.

Distribuir contido


by Dr. Radut