Skip to Content

COMEZO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Con obxecto de informarvos achega do estado actual das actividades ofertadas, enviamos un cadro resumen de cada un dos grupos, conforme ás inscricións recibidas.

De acordo aos criterios marcados, realizarase a actividade cando haxa un mínimo de 10 escolares. Con todo, co fin de favorecer novas inscricións e condicionado a poder alcanzar o número esixido, os grupos de 8 e 9 escolares comezarán igualmente a partir do 1 de outubro. En caso de non producirse novas altas o grupo causará baixa a partir de xaneiro.

 

 

IMPORTANTE: Tod@s @s nen@s entrarán e sairán por secretaría. @s nais/pais non poden entrar no centro. En secretaría os recollerán @s monitor@s.

Para a actividade de patinaxe e prepatinaxe será necesario levar os patíns e proteccións. Poden ser patíns en liña ou de patinaxe artística. Non se poden levar patíns de plástico.

As familias que desexen inscribir @s nen@s e ainda non realizasen a inscrición, deberán solicitalo no correo electrónico inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649 055 939 e 698 158 503 en horario de 10 a 14 h e de 15 a 18 h.

NOVO TELÉFONO E EMAIL DE COMEDOR/MADRUGADORES

Poñemos en coñecemento de tod@s @s soci@s un novo correo electrónico e un número de teléfono para información e avisos do comedor e madrugadores. No número de teléfono atenderase de 7:30 a 9:00 e de 12:00 a 16:00 horas.

Correo electrónico: ceipraquelcamacho@alimentacionsaludablegallega.net

Teléfono: 679 392 678

TOMATES DA NOSA HORTA, XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola nenos e nenas! Benvidos/as ao cole!

Agardamos que desfrutarades moito das vacacións.

Durante o verán no horto do cole sucederon cousas marabillosas que non queriamos deixar de compartir con vós. Saíron os tomates, medraron e deron flor os xirasois, seguíronse a dar os amorodos, floreceu a lavanda, tivemos as primeiras mazás... Ollade:

 

 

 

 

 

E vós? Vides con ganas de poñervos mans á terra?

Agardamos que sí.

 

O Equipo Voz Natura

 

 

 

LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR

 

Está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro a listaxe de alumnado admitido no comedor escolar para o curso 2021-22.

As familias que solicitaron a comida para levar a casa a teñen concedida.

Distribuir contido


by Dr. Radut