Infórmase que o vindeiro venres 05 de setembro ás 11:00 da mañán, haberá unha reunión inicial coas familias do alumnado de novo ingreso de educación infantil (3 anos) para informar dos principais aspectos organizativos da etapa e do período de adaptación que se desenvolverá a principio de curso dende o día 10 ao 23 de setembro (segundo o calendario escolar para o curso 2014-15) ambos os dous incluidos.