Skip to Content

Circular informativa.

NOTA INFORMATIVA ÁS FAMILIAS

A Dirección do CEIP Raquel Camacho informa de que a solicitude presentada pola Presidenta do Consello Escolar ante a Xefatura Territorial de aprobación dos dous días non lectivos para o presente curso 2015/16:

18 de abril de 2016

16 de maio de 2016

recibiu o visto bo e foi autorizada a día 19 de novembro con data de entrada no centro a 24 de novembro de 2015. Polo tanto o luns día 7 de decembro haberá clase.

               A Coruña, 30 de nov. de 2015

MAGOSTO 2015

o venres 13 de novembro celebramos no colexio a festa do Magosto, na que participaron todos os nenos/as desde 4º de Educación Infantil ata 6º de educación Primaria. Primeiro comezamos coa entrega de agasallos e diplomas para os gañadores e participantes dos concursos de "Cabazas" e "Relatos de terror". Despois todos participamos en distintos xogos populares que se atopaban espallados polo patio en forma de circuito e rematamos degustando unhas saborosas castañas asadas. Aquí deixamos unha pequena mostra das actividades deste día.

 

SAMAÍN 2015

Aquí queda unha mostra da orixinalidade das cabazas presentadas ao III Concurso de cabazas do Ceip Raquel Camacho, e tamén dos difraces cos que disfrutamos no Túnel do terror celebrando o Samín Rebuldeiro. Parabéns ao alumnado e mestres/as organizadores/as e participantes. Foi todo un éxito.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut