Skip to Content

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O martes 23 de febreiro os nenos/as de 5º de Educación Infantil disfrutaron dunha amena e divertida sesión de contacontos na bilioteca a cargo de D. Ángel Portilla Escariz, pai de dous alumnos do centro, que fixo as ledicias dos máis pequenos/as con contos como "Antón zampón", "Ana Manana", " O ourizo e a lebre"....

Moitas grazas Angel polo teu bo facer e por adicarnos un anaquiño do teu tempo.

Aquí queda un pequeno vídeo como mostra do ben que o pasaron e o atentos que estiveron os nenos/as de Infantil.

 

XORNADA DIVULGATIVA. "OS TESOUROS DO VESUBIO"

O luns 15 de febreiro disfrutamos coa presenza no Centro do divulgador e xornalista D. Emilio Varela (antigo alumno deste Centro)que espertou o interese entre os alumnos/as de 6º de primaria e mestre/as cuns fermosos documentales sobre a profesión de vulcanólogo e sobre o acaecido no Vesubio no ano 79.

Moitas grazas Emilio por adicarnos un pouco do teu tempo e por realizar esta labor divulgativa de maneira tan amena e divertida. 

 

ENTROIDO 2016

E ti que pintas? 

Este é o título do proxecto que estamos a desenvolver dende a biblioteca neste curso e que aproveitamos como temática deste Entroido 2016. Houbo pintura para todos os gustos, Luis Seoane, Maruja Mallo, Picasso e un longo listado de pintores e pintoras que foron os protagonistas deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut