Skip to Content

A ORGANIZACIÓN DOS TEMPOS NO COLEXIO: CALENDARIO E HORARIOS

O calendario (premer aquí)

O 10 de febreiro de 2024 e o 2 de maio de 2025 foron os escollidos polo claustro e o consello escolar do centro como días non lectivos (pendentes de aprobación pola administración).

Os horarios

Horario lectivo do centro

De luns a venres de 9 a 14 horas na seguinte secuencia:

  • 1ª sesión: 9-9:50 horas.
  • 2ª sesión: 9:50-10:40 horas.
  • 3ª sesión: 10:40-11:30 horas.
  • Recreo: 11:30-12 horas.
  • Período lector: 12-12:15 horas.
  • 4ª sesión: 12:15-13:10 horas.
  • 5ª Sesión: 13:10-14 horas.

Horario de secretaría

De luns a venres de 9:30 a 13:30 horas e luns de 16 a 18:30 horas.

Horario de atención ás familias en titorías

Os luns de 16 a 17 horas (previa cita coa titoría).

 

3 CONSELLOS QUE MELLORARÁN O PENSAMENTO DA TÚA FILLA/O

Estarás de acordo en que PENSAR resulta fundamental na escola, non si? Na escola e na vida, en xeral. Pois aquí che van 3 consellos moi sinxelos para desenvolver a INTELIXENCIA das máis pequenas/os. Explícacho en menos do que dura un anuncio na tele alguén que sabe moito diso: Héctor Ruiz Martín.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

OFERTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-25

Cadro oferta actividades extraescolares 2024-25

 *As actividades con asterisco non están ofertadas pola Federación de ANPAs e haberá que aboar a conta da ANPA 5€ en concepto de seguro.

Para inscribirse en calquera destas actividades é imprescindible facerse soci@ da ANPA a través deste formulario.

ACTIVIDADES DA FEDERACIÓN DE ANPAs

DALLE AQUÍ PARA VER A DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES: CATÁLOGO DE ACTIVIDADES FEDERACIÓN

INSCRICIÓN:

Hai que rexistrarse nesta web: https://app.fedapascoruna.org/loginINSTRUCCIÓNS PARA INSCRIBIRSE AQUÍ.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 19 de agosto ó 15 de setembro.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse as cotas en outubro, xaneiro e abril:
• Prezos: 21€ por participante e escola deportiva ou obradoiro / 45€ por inglés / 10.50€ por mans que falan e ecocrea.


(*) Os beneficiarios da bolsa comedor para o curso 24/25, terán un desconto do 50% na cota ordinaria, aboando 10,50€ trimestrais por actividade e participante / 22.50€ por inglés / 5.25€ por mans que falan e ecocrea.

@s escolares inscrit@s aboarán ademais unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 24/25.

 

BAILE MODERNO E BALLET

Clases de baile para tódalas idades ideades impartidas por profesionais en Baile Moderno e Ballet.

 

INSCRICIÓN:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfQZ3a7o6V_yL4prKT-uCvQ8jeeNq7rYKiFosROQUMzQDU1mA/viewform?usp=sf_link

PRAZO DE INSCRICIÓN

A partir do 19 de agosto 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS MENSUAIS A ABOAR

1 hora por semana 12€/mes, 2 horas por semana 17€/mes.

Desconto para irmáns!!  2h semana 30€/mes @s 2 irmás/áns
 

FÚTBOL SALA

 

Fútbol sala para todos os cursos de educación primaria, impartido por adestrador@s do Distrito Ventorrillo FS, unión do Ventorrillo FS e o Distrito V FS, dous clubes de referencia no fútbol sala coruñés.

 

INSCRICIÓN:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScrPiqDjFIwTGwHol3DaOxj-uyBE_5Af7uK_9fGW6n8-6JwSQ/viewform

PRAZO DE INSCRICIÓN

A partir do 19 de agosto 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2024 ao 20 de xuño de 2025.

COTAS MENSUAIS A ABOAR

2 horas por semana 15€/mes

COMEDOR/MADRUGADORES 2024-2025

 

IMPORTANTE: Se necesitas o comedor/nadrugadores uns días fixos da semana o servizo debe contratarse antes do día 25 de cada mes, as persoas que se apunten fóra dese prazo pagarán (tanto becados como non becados) a tarifa de servizo esporádico polos días que vaian ó comedor do 25 dese mes máis todo o mes seguinte.

INSCRICIÓN COMEDOR:

Para inscribirse farase a través da App Colechef. Terás que rexistrar @s nen@s na app cos datos persoais e os do centro: CEIP RAQUEL CAMACHO / ANPA LA ESPERANZA. CÓDIGO DE CENTRO: ESKRL0NF42.

Instrucións paso a paso (con imaxes) AQUÍ.

Información importante e prezos AQUÍ.

@s nen@s que teñan algunha dieta especial teñen que enviar un correo a info@arumeservicios.gal co certificado médico adxunto conforme ten esa alerxia ou intolerancia.

Os criterios de admisión aplicados son os memos que os cursos anteriores:

1) Conciliación: as familias que necesiten praza no comedor por motivos laborais terán que subir os xustificantes laborais ACTUALIZADOS d@ nai e pai ao formulario de alta de soci@ do Anpa, conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller @s nen@ do Colexio.

2) Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas na orde de inscrición na aplicación Colechef, previa inscrición como soci@ do Anpa.

Para calquera dúbida referente ó comedor podedes chamar ao teléfono de Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail info@arumeservicios.gal.

Para dúbidas sobre a App Colechef contactar co número de teléfono 942420018 ou no mail soporteapp@colechef.com.

Recordamos que para darse de alta en calquera servizo que oferta Arume (comedor, madrugadores...) hai que ser soci@s da Anpa (formulario de alta).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut