Skip to Content

VISITA DO APALPADOR 2018

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Visita do Apalpador 2018

Levabamos todos estes días preparando a súa visita:

lemos o conto,

practicamos a súa canción

e aprendemos unha panxoliña.

E, finalmente, hoxe alguén chamou á porta dalgunhas aulas e, ao abrila, apareceu el: o Apalpador. Recén chegado do Courel, coa súa chaqueta de pana, a súa barba roxa e, oh sorpresa, cunha guitarra ao lombo. Falounos de quen era, cantamos con el unha panxoliñas e, como xa se lle acabaran as castañas, agasallounos cuns caramelos. Ata o ano que vén, Apalpador!



album | by Dr. Radut