FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL
Imaxe: http://www.edu.xunta.gal/portal.
1. Presentación de solicitudes
Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo Centro docente para o curso 2018/19. As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro docente, onde está matriculado ou admitido o alumno/a utilizando o formulario normalizado igual que en convocatorias anteriores ou por vía electrónica, nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal.). O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no DOGA e rematará o día 22 de xuño de 2018.
2. Documentación
a) Solicitude (anexo I e anexo II ).
b) Copia do libro de familia no cal figuren todos os membros computables da unidade familiar. No suposto de non ter libro de familia ou a se a situación familiar non coincide, no día 31 de decembro de 2016, coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar: sentenza xudicial de separación ou divorcio ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais ou órgano equivalente que acredite situación familiar, certificado de defunción.
c) No caso de discapacidade do alumnado, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acreditarse documentalmente, a 31 de decembro de 2016.
d) No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
e) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
f) No caso de que o pai/nai/titor/a legal carezan de DNI e NIE, certificado ou volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello en que resida a familia.
3. Asiganción de libros e contía das axudas
a) A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de E. primaria que estean dispoñibles no fondo solidario do centro , efectuarase:
-Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar , ata que se esgoten as existencias.
-Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir 6 libros ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € e 4 libros ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400€ e igual ou inferior a 9.000€.
b) A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de E.Primaria, para alumnado de E.Especial ou para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. será a seguinte:
-Para alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€: 170€
-Para alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € ou inferior a 9.000€: 90€
-Para alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65% a contía das axudas será de 250€ con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
-Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia , o importe será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
c) A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en E. Primaria con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€ será de 50€.
d) O alumnado matriculado en 5º e 6º de E.Primaria incluído no Proxecto Educación dixital (E-DIXGAL) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
4. Renda per cápita da unidade familiar
Para o efectos desta orde, a renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 entre o número de membros computables, tendo en conta que computan por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade social por incapacidade permanente ou a equivalente de clases pasivas.
Para o cálculo da renda, cando se presentase declaración do IRPF, sumarase o importe dos recadros 392 (base impoñible xeral) e 405 (base impoñible do aforro)da declaración da renda do exercicio 2016; cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT
5. Obrigas das persoas beneficiarias
A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria e o alumnado de E.Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% sempre que os libros ou material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario en as axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/2019.
b) Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, segundo o caso.
c) Destinar o importe do vale para adquirir os libros de texto/material que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
d) Respectar as obrigas establecidas no artigo 11da lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Devolución dos libros de texto do curso 2017/18
Ao rematar o curso 2017/18, o alumando beneficiario de libros de texto ou do material substitutivo dos libros cando sexa reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2018/19. O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018.
7. Normas específicas do fondo solidario
A data de publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario en E. Primaria no Ceip Raquel Camacho será o 2 de xullo. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A data de publicación das listaxes definitivas de E.Primaria do Ceip Raquel Camacho será o 06 de xullo de 2018.
8. Normas específicas de xestión das axudas para adquirir libros de texto e material escolar
As persoas beneficiarias , unha vez estean e posesión do vale, poderán adquirir os libros de texto e o material escolar no establecemento da súa elección.
9. Consideracións finais
O contido da convocatoria (Orde do 09 de maio de 2018) pode verse no Diario Oficial de Galicia do día 21 de maio, no taboleiro de anuncios e páxina web deste Centro e, xunto con información complementaria, no portal educativo xa citado: http://www.edu.xunta.gal.
Para calquera dúbida quedamos a súa disposición.
A DIRECCIÓN.
Documentos relacionados para descargar: