Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2018

Álbum: CURSO 2017-2018 -> Letras Galegas 2018: teatro "O frautista de Hamelín"

Xa hai un tempo que levamos tratando as Letras Galegas no colexio. Mesmo desde antes do Nadal! Daquela, comezamos a preparar a nosa participación nun concurso para elaborar carteis sobre M.V. Moreno. Fixémolo entre todos e todas. Participamos todas as etapas e niveis e de aí sairon 10 fermosos carteis que contan a vida de María Victoria. Desde mediados do mes de abril, estivémolos publicando na páxina web e puidémolos ver expostos no vestíbulo do colexio.

E este venres, 18 de maio, organizamos pequenas actividades por todas as clases para coñecer máis a nosa lingua propia e gozar do ben que escribía M.V. Moreno.

Na biblioteca do colexio, o alumnado de 6ºB de EP interpretou durante toda a mañá o clásico O frautista de Hamelín. Todas as clases foron pasando por alí para poder gozar do espectáculo dos e das maiores. Podédelo ver nas imaxes de enriba.

Ademais, alumnado de 5º e 6º de EP preparou, en pequenos grupos, unha representación do conto O cataventos e acudiron ás clases dos máis pequenos e pequenas a contárenllo. 



album | by Dr. Radut