TEMPO DE VENDIMA
Como xa sabedes, o outono é tempo de vendima e na clase 3 anos xa nos puxemos pés á obra!
Foi moi divertido, recollimos os acios da nosa "parra", sacámoslle as uvas, probámolas... e, sorpresa, estaban moi moi doces, semellaban lambetadas!
Despois chegou a parte máis pegañenta, lavar ben os pés e triturar as uvas, que pouco a pouco ían soltando o seu zume.
Un zume que tamén nos saiu boísimo!
Que bos viticultores temos no cole.