LETRAS GALEGAS 2024
Sabías que?
O CEIP Raquel Camacho gaña o concurso de exposición de carteis das Letras Galegas 2024.
Este ano homenaxeamos polo día das Letras Galegas a Luísa Villalta, unha escritora coruñesa, do barrio da Falperra.
Luísa Villalta amaba a nosa cidade, coñecía todos os seus recunchos, e a moitos deles dedicoulle poemas ou escritos.
Estudou no instituto Eusebio da Guarda e despois foi profesora de lingua e literatura galega en tres institutos.
Luísa Villalta escribiu moitos xéneros literarios como poesía, teatro, relato, ensaio e incluso artigos de opinión para a prensa.
Algo moi salientable desta autora foi o compromiso social que tivo coa Coruña, xa que era habitual a súa participación en manifestacións na cidade en contra da catástrofe do Prestige, en contra da guerra ou a prol do feminismo.
Luísa Villalta morreu moi xoven e descansa no cemiterio de Santo Amaro, xunto con outros persoeiros moi destacados como Luís Seoane, Manuel Murguía, Curros Enríquez, etc.
Se queres saber máis: MIRA OS NOSOS CARTEIS.