Skip to Content

6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> 6º A DE E.I. 2º TRIMESTRE II

Rematado o segundo trimestre deste curso escolar, lembramos as actividades máis importantes do mesmo.

Tras o entroido, Mathías e Sockona, uníronse ao grupo dos "maiores", polo seu sexto cumpleanos.

Un grupo de alumnos das aulas de sexto de EI participaron nun concurso matemático, ao que acudiron nenos e neas de distintos centros. Foi unha experiencia chea de emoción e nervios, que repetiremos en vindeiras edicións, xa que resultou moi enriquecedora para alumnos e profesores. 

Tamén neste trimestre, visitamos a Fundación María José Jove e a biblioteca do Ágora, onde nos achegamos ao mundo do arte e da literatura desde unha perspectiva adaptada aos nenos desta idade. 

O mes de marzo iníciase coa celebración do Día da Muller. Esta semana dedicámola a conversar sobre o motivo de dita celebración, e as nenas do aula, que serán as mulleres do futuro, convertíronse en protagonistas imprescindibles.



album | by Dr. Radut