Skip to Content

VISITAS NO NADAL 23 (Apalpador, Reis, Coro) 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> REIS, APALPADOR, CORO E BELÉN 6ºB EI

Nestas datas de Nadal recibimos moitas visitas: primeiro o Apalpador que nos trouxo un dos seus xoguetes de madeira, unhas castañas dos soutos da montaña onde vive e unhas noces.

Despois, o coro do IES Agra do Orzán veu a cantarnos panxoliñas. Neste coro estaban alumnas e alumnos que estudiaron no noso cole.

Por último, a visita máis desexada, as SS.MM. OS REIS MAGOS. Nós deixámoslles as nosas cartas e eles tiñan unha para nós. Agora toca agardar á noite do 5 de xaneiro para ver se nos conceden os nosos desexos. Esperemos que si.

Fomos ver o noso "Belén de cine" no que participamos facendo os Minions e a cámara de cine. Se non viñestes a velo, animádevos e facédeo porque vale moito a pena e, se non, buscade o vídeo nesta web, no blog da biblioteca "Rakonto".



album | by Dr. Radut