O MAGOSTO EN 6º B EI
Este venres 10 de novembro, vésperas de San Martiño, cumprimos coa tradición galega de celebrar o MAGOSTO (para nós a festa das castañas e do outono).
Participamos nos xogos e, o mellor, comemos as castañas asadas que estaban boísimas! Bueno, a uns gustáronlles máis cá outros.
Ah! e déronnos premio pola nosa cabaza do Samaín, o noso CHAPLIN!!!! Témolo presidindo a clase porque nos vai acompañar durante este curso co proxecto "Un curso de película".