SAMAÍN NA AULA DE 5º B
Os pequechos/as de 4 anos B levamos unhas semaniñas traballando coa temática do Samaín que tanto nos gusta. Aquí vos mostramos algunhas fotos das cousiñas que fixemos: cociñar unha merenda de Samaín, xogar con xogos de mesa terroríficos, facer apócemas con materiais pringosos e celebrar esta festa convertidos en meigas, monstros, demos e outras criaturas. Todo moi horripilanteeeee!!!