ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
ANPA CEIP RAQUEL CAMACHO
Convócase @s soci@s da Anpa Ceip Raquel Camacho a unha asemblea xeral o vindeiro luns 9 de outubro de 2023 ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, que se celebrará no comedor do colexio coa seguinte orde do día:
PRIMEIRO.- Renovación na Xunta Directiva.
SEGUNDO.- Presentación e aprobación de contas do curso 2022-2023 e orzamento estimado para o exercicio 2023-2024.
TERCEIRO.- Información sobre a Escola de Nais e Pais.
CUARTO.- Madrugadores, comedor, actividades extraescolares…
QUINTO.- Propostas organización eventos curso 2023-24
SEXTO.- Suxestións, rogos e preguntas.
Rogamos a vosa asistencia.
Lembrade que, se por motivos laborais ou doutra índole non puidésen asistir, é posible mandar a algún familiar (av@s, tí@s...) na súa representación para achegarnos a súas opinións e informarlles das cuestións que se traten na devandita reunión.