Skip to Content

CÓXEGAS! (Do 9 ao 30 de setembro)

 

O programa Cóxegas é unha proposta que da resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

OBXECTIVOS

• Ofertar una vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

• Afianzar hábitos e normas de comportamento en convivencia.

• Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, etc. baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual ao longo destas 3 semanas de duración do programa.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

• Período 1: Do 9 ao 30 de setembro de 2021.

• Período 2: Do 1 ao 22 de xuño de 2022.

DESTINATARIOS

Escolares matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña, precisando un mínimo de 10 participantes inscritos para a formación de grupo.

HORARIO

De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

PREZO / CUSTO:

15€ por cada período.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN

Inscrición on- line na seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones

• Período 1: A partires do 1 de setembro de 2021.

• Período 2: Do 3 ao 9 de maio de 2022.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para ou curso 21/22.



page | by Dr. Radut