Skip to Content

LISTADOS REQUIRIMIENTO DOCUMENTACIÓN SOLICITUDES BECA COMEDOR CURSO 2021/2022

Publicamos esta información recibida do concello en relación ás beca comedor.

 

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-2022

Hoxe 02 de xullo de 2021 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, os listados de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. Pódense consultar en:

- Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/infopublica?method=view&id=13610

- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/

Os listados cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.

O prazo para a presentación da documentación requirida é do 5 ao 16 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 



page | by Dr. Radut