Skip to Content

COMEDOR - BECAS COMEDOR

Finalmente, o número de solicitudes superará con moito o número de prazas, polo que vémonos obrigadas a aplicar os criterios de admisión que se explicarán a continuación.

Como sabedes as reducidas dimensións do comedor quedan aínda máis minguadas para cumprir o protocolo Covid-19, polo que a pesar de facer o esforzo dunha terceira quenda de comidas, resulta imposible atender todas as vosas solicitudes.

Con todo, ofrecemos o servizo de levar a comida á casa. Este servizo foi especialmente concibido pensando na seguridade dos nen@s ante a situación de pandemia que vivimos (posto que corren menos riscos ao non compartir espazo con outr@s nen@s fóra das súas aulas). Consiste en levar á casa o mesmo menú que se ofrece no comedor. Como nais/pais, e sempre antepoñendo a seguridade d@s nen@s, recomendamos esta modalidade a tod@s aquel@s que non necesitedes deixar @s nen@s no comedor por motivos de conciliación.

Desde o Anpa queremos aclarar a tod@s @s becad@s de comedor os seguintes puntos:

A) Criterios para adxudicación de praza no comedor

    1)Conciliación: necesidade de praza no comedor por motivos laborais. Terán que mandar un xustificante conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller @s nen@s do colexio.

     2)Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas por orde de chegada de TODA a documentación (xustificante pago soci@ Anpa, solicitude de comedor, normas comedor, xustificante pago seguro - @s usuari@s do servizo comida a casa están exent@s de pagar o seguro - , a declaración responsable, e o código asiento) debidamente cuberta e asinada.

B) Comida a casa: Aquel@s becad@s que queden sen praza no comedor terán esta opción (que poden solicitala e desfrutala XA quen así o desexe). 

Tamén vos informamos que o Concello ten o Servizo de Canguros Municipais, que podería combinarse con levar a comida a casa. Para máis información contactar co Concello.

Para intentar axilizar, podedes mandar xa a documentación o correo de Scolarest (comedor.raquelcamacho@gmail.com), pero a data de comezo do comedor seguirá sendo a mesma para tod@s @s becad@s, unha vez publiquen a lista das becas definitivas, posto que como xa se vos explicara no anterior comunicado, por motivos de seguridade, empezaredes TODOS na mesma data (comunicarásevos a través da web do cole e do voso correo electrónico).

Desde o Anpa, lamentamos todos os inconvenientes, pero queremos que teñades claro que todo se fai pensando no máis importante: a seguridade e benestar d@s nos@s nen@s.

NOTA ACLARATORIA: aquel@s usuari@s que agora mesmo xa estén facendo uso do servizo de comedor xa teñen a súa praza adxudicada.



page | by Dr. Radut