Skip to Content

4 anos

BADALADAS EN 4 ANOS!

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> FIN DE ANO EN 4 ANOS!

O 2021 chega ao seu fin e na clase celebramos a festa de fin de ano. Preparamos os nosos 12 gusanitos para as badaladas, bailamos, degustamos doces do Nadal... como vedes, houbo tempo para todo! FELIZ ANO FAMILIAS! Vémonos o 10 de xaneiro!

 

FELICES FESTAS E ANO NOVO

Feliz ano novo familias!!

Gustaríame poder ensinarvos detalles da festa, pero como todas as grandes celebracións... se nos foi das mans!

Os rapaces o pasaron xenial e puxéronse morados a polvoróns, mazapáns, turróns, amendoados, etc

Nin as miguiñas deixaron...

BO NADAL!

Voltamos o luns 10 de xaneiro

Sorriso

O NADALIÑO EN 4 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> nadal en 4 anos A

Familias é tempo de nadal.

Estamos a facer un montón de cousas na clase, degustando produtos típicos, cantando panxoliñas, facendo manualidades adornando...

Pero tamén temos tempo a recibir visitas como o Apalpador e os Reis Magos que ata nos trouxeron agasallos

Bo Nadal a todosSorriso

NADAL EN 4 ANOS!

Álbum: Educación Infantil 2021-2022 -> NADAL EN 4 ANOS

Na clase de 4 anos xa chegou o Nadal! E para celebralo, decoramos a nosa aula e fixemos unha deliciosa merenda con motivos do Nadal!

 Pero non só iso; esta semana estivo chea de emocións para nós! Recibimos a visita do Apalpador e dos Reis Magos; tal foi a nosa ilusión que, como ben dixo un compañeiro "tremíanme os dentes do nervioso que estaba!".

Deixáronnos un montón de cousas, queredes saber cales? pois botádelle un ollo ás fotos e as descubriredes!

Distribuir contido


by Dr. Radut