A clase de 6º A de E. Infantil está a participar dentro desta plataforma europea nun proxecto chamado Travelling tales (contos viaxeiros). Trátase dun proxecto de literatura para nenos/as de 3 a 7 anos que consiste en desenvolver unha historia de xeito colaborativo e gradual entre escolas de diferentes lugares de Europa: Turquía, Lituania e outras partes de España. Como resultado final deste proxecto, crearase un documento ou presentación con todas as pezas dunha historia inventadas polas seis escolas participantes.
E a primeira clase en comezar este travelling tale era a de 6º A. E así o fixemos. Comezamos...
...elixindo uns personaxes para a nosa historia.
Aquí tes o...
...making of do noso conto.
E como resultado froito da imaxinación da rapazada temos este comezo de conto:
Capítulo 1 do noso conto viaxeiro
Como ves, os nosos protagonistas están perdidos no bosque e Mamá, enferma. Como sairán desta? Iso non o temos que pensar nós. Agora tócalle traballar aos 13 nenos e nenas dunha escola de Alanya, en Turquía.
Así que...
...continuará.