Skip to Content

COMO PODO AXUDAR Á MIÑA FILLA/O CON DISLEXIA?

Quen o diagnostica?

O primeiro que debes ter en conta é que a dislexia e outras difultades de aprendizaxe non poden ser detectadas por calquera, cunha simple observación (O meu fillo confunde letras ao ler, para min que é disléxico; A miña filla condúndese moitas veces e di nesecito no canto de necesito, nin que fora disléxica). Ese proceso de identificación corresponde á xefatura do departamento de orientación (DO) do centro educativo, coa colaboración, de ser o caso, do equipo de orientación específico (EOE).

Consulta a páxina 41 do PROTOCOLO para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe (XUNTA DE GALICIA, 2019).

Cando se diagnostica?

Outro aspecto que precisas entender resulta evidente: a detección precoz e a intervención temperá son de gran relevancia. Mais, ollo, hai que saber que a identificación ou o diagnóstico non debe producirse, loxicamente, antes do comezo da aprendizaxe da lectura e da escritura. Isto non impide que en etapas anteriores se poidan ir xa observando indicadores que fagan sospeitar.

Consulta eses indicadores na páxina 35 do PROTOCOLO para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe (XUNTA DE GALICIA, 2019).

Que podo facer para axudarlle?

Mais, unha vez que a túa filla/o posúe un diagnóstico, existen unhas pautas que podes seguir para facilitarlle o acceso á lectura:

  • Deixarlle claro que a familia comprende as súas dificultades, que sempre estará ao seu lado para axudarlle, que logrará avances aínda que lle custe moito e que poderá contar con axuda específica para iso.
  • Presentar a lectura como unha maneira divertida e emocionante de ocupar o tempo libre.
  • Valorar os seus progresos na lectura.
  • Propiciar un clima agradable e relaxado para a práctica da lectura.
  • Suxerir lecturas, non obrigar a ler.
  • Ser paciente co ritmo de lectura do seu fillo/a.

Consulta eses e outros consellos na páxina 56 do PROTOCOLO para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas de aprendizaxe (XUNTA DE GALICIA, 2019).



page | by Dr. Radut