CONSELLOS PARA O VERÁN
Corriendo por la playa de J. Sorolla.
Querido alumno ou alumna:
Os e as profes quérenche dar uns consellos.
Hoxe empezan as vacacións. Esforzácheste ao longo do curso así que agora vén a recompensa. A gozar do verán!
Iso si, lembra que sempre podemos mellorar. Alégrate ti tamén de todo o que levas conseguido e de que cada día máis e mellor aprenderás. E o que saia mal vólveo tentar!
Unha enorme aperta e unha chea de bicos.
Imaxe aquí.
As vacacións son para gozalas!!!
- Le todo o que poidas (polo día ou á noitiña).
- Tenta escribir un diario (o que máis me gustou/alegrou e o que me fastidiou).
- Fai castelos ou un agocho na area... ou na casa con sabas, toallas, coxíns…
- Xoga coa túa familia e os teus amigos (á pelota, ao 3 en raia, ao parchis, ás palas, a adiviñar un debuxo, ao aforcado, a carreiras…).
- Nada, e se non sabes… tenta aprender!
- Comparte as tarefas da casa. En equipo mellor!
- Axuda a facer a compra: fai unha lista, leva cartos, paga e revisa as contas con libreta e lapis ao chegar á casa.
- Anda en bici, en patíns, patinete, monopatín…
- Observa por onde sae o sol e por onde se pon e algún día déitate tarde e mira as outras estrelas cando se faga noite.
- Pasea e fíxate o que hai interesante alá por onde vas.
- Baila e canta.
- Practica algún deporte.
- Fai novos amigos e amigas (Ola, como te chamas? Eu son... Queres xogar comigo?).
- Goza dunha peli de debuxos en galego, en inglés... con flocos de millo e con amigos e amigas ou familiares.
- Aprende algún xogo novo de mesa...
Parécenche demasiadas? Aínda podes engadir as que che pareza!
Preme na imaxe para máis consellos (desta volta para estimular a linguaxe do teu fillo ou filla).