AXUDAS AO ALUMNADO CON NEAE 2024-2025
Xa están convocadas as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o curso académico 2024-2025 do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Aquí só se vai explicar o procedemento dunha forma moi resumida, pero tes moita máis información na infografía explicativa da web do Ministerio (preme aquí).
Cando e onde se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación vai desde o 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024 no centro no que vaia a seguir os seus estudos no curso 2024-2025.
Que persoas poden solicitar esta axuda?
As axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:
- Discapacidade.
- Trastorno GRAVE de conduta.
- Trastorno GRAVE da comunicación e da linguaxe.
- Trastorno do espectro autista (TEA).
- Altas capacidades.
Canto diñeiro podes recibir pola axuda?
De maneira moi esquemática, pódese explicar así:
- Para o alumnado con discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe ou TEA, recibirás axudas directas ou subsidios se cumpres ou non os requisitos económicos. As axudas directas repártense en diferentes conceptos (reeducación pedagóxica, ata 913€; reeducación de linguaxe, ata 913€; etc.).
- A axuda de apoio educativo a alumnado con altas capacidades é única e vai dirixida á asistencia a programas específicos sempre que estes programas sexan un complemento aos teus estudos (ata 913€).
Que tramites hai que facer para solicitala?
As solicitudes cóbrense de maneira telemática na sede electrónica do Ministerio (preme aquí para acceder).
Segue as instrucións que se ofrecen na infografía do Ministerio. A forma máis cómoda de facelo é desde o teu computador (desde un móbil resulta máis complicado).
E lembra…
Primeiro, a solicitude deberás entregala asinada en papel no colexio (o proceso non acaba cando a cobres por internet).
E, segundo, tes máis información sobre as axudas nos dous enlaces web de arriba e, se tes algunha dúbida, contacta co departamento de orientación chamando ao colexio ou mandando un correo electrónico a esta enderezo:
orientacion.ceip.raquel.camacho@edu.xunta.gal
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LISTAXE_CENTROS PSICOPEDAGÓXICOS E DE LOGOPEDIA_CEIP RC.pdf | 69.58 KB |