O APALPADOR E OUTRAS TRADICIÓNS DO NADAL
Imaxe: apalpador.gal
Chega o Nadal e, nos últimos anos, estamos a coñecer o Apalpador. Moitos cren, e non lles falta razón, que é un fenómeno dun lugar moi concreto de Galicia: as montañas de Lugo. Como tantas outras tradicións (Papá Noel, por exemplo), sempre xorden nun pequeno lugar e, desde aí, vanse espallando porque resultan atractivas.
Papá Noel
Papá Noel, dentro duns días, traerá agasallos a moitos nenos e nenas, a que si? Pois, queredes saber de onde é realmente? Imaxinades que virá de Estados Unidos, verdade? Premede na imaxe de embaixo para descubrir a orixe deste ben papudo amigo. Ou aquí nestoutro artigo.
Os Reis Magos
Ou, parádevos nunha tradición máis de aquí: os Reis Magos. Sabedes por que se celebra? Premede na imaxe tamén para descubrilo.
Imaxe: Ocio Crítico.