MERCADILLO SOLIDARIO NO CEIP RAQUEL CAMACHO.
No curso 2.012-13 o alumnado do terceiro ciclo de educación primaria conseguíu implicar activamente a toda a comunidade educativa do colexio nun proxecto solidario fermosísimo.
Tras recibir a visita de María, fundadora da ONG coruñesa “Miradas al Mundo”, e escoitar as súas vivencias e ver videos do seu traballo en Guinea-Bissau os alumn@s quedaron altamente motivados e quixeron aportar o seu gran de area, axudando así aos nen@s que non teñen tanta sorte coma eles.
Decidiron intentar conquerir os cartos necesarios para a construción dun pozo nunha aldea guineana, xa que lles parecía a aportación máis útil, tras saber que, para ter auga, mulleres e nenos teñen que percorrer a miúdo longas distancias a pé. María explicounos que construir un pozo manual custa aproximadamente uns 1.000 €.
Así xurdíu a idea de realizar un mercadillo solidario, dous cursos consecutivos, para poder construir un pozo co nome do noso colexio en África.
O curso pasado chegamos xa aos 745 € . Por iso queremos darvos as grazas a tod@s pola vosa solidaria colaboración.
Este curso queremos rematar o proxecto con outro mercadillo que realizaremos no mes de febreiro de 2.014.
Necesitamos da vosa axuda, que agradecemos xa de antemán.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!