ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES PARA O CONSELLO ESCOLAR 2024-2025
DATAS ACTUACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES NORMATIVA DE REFERENCIA
NORMATIVA
• Decreto 374/1996, de 17 de octubre, polo que se aproba o
Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos
colexios de educación primaria.
• Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos
do goberno dos centros públicos de ensino non universitario.
• Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o
calendario para a realización de eleccións de membros dos
consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos
públicos
26/09/2024
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
CADA 26 DE SETEMBRO LEMBRAMOS A RICA DIVERSIDADE CULTURAL E LINGÜÍSTICA DE EUROPA
Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa.
Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vénse celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano
BASES DO CONCURSO
FotoFabiola 2024 certame fotográfico
Este ano estamos de aniversario e con este motivo ou con esta escusa convocamos o certame fotográfico FotoFabiola 2024
Hai xa 30 anos que o colexio deseñado polo arquitecto italiano Giorgio Grassi, comezase a súa andaina. A súa esencia arquitectónica e o seu contorno marcaron desde os seus inicios a súa historia.
O edificio e os seus recunchos, retratados coas vosas miradas, serán, xa que logo, o tema deste certame que terá a súa correspondente exposición no outono deste mesmo ano.
13/09/2024
COLECAMIÑOS CURSO 2024-2025
QUE SON OS COLECAMIÑOS
O CEIP Raiña Fabiola ten posto en marcha esta experiencia,dende fai uns anos. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns.
Os itinerarios son catro e un deles parte dende:
Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos.
A clave do éxito deste tipo de programas é que os diversos actores sociais (pais e nais, a figura dos mestres e mestras, colaboración de veciños e comerciantes do barrio e como non, dos poderes públicos) se involucren cos valores que se pretenden e conseguir o compromiso de todos eles con nenos e co seu benestar.
No interior do centro temos instalado un lector no corredor da entrada, polo cal debemos pasar a diario a nosa pulseira. Esta pulseira ademáis de acumular puntos para acadar agasallos nos distintos lugares do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias conforme o alumno ou alumna entrou no centro.
A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos
- Accedendo á APP WEB colecaminos.santiagodecompostela.gal, premendo en Rexistrar e seguindo os pasos que na aplicación se
- Unha vez verificados, validaranse, e entregaranse as pulseiras no proprio centro, podendo comezar a empregalas.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |