fondo

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES PARA O CONSELLO ESCOLAR 2024-2025

 

GIF PREVENCION · IMAGENES DIBUJOS ANIMACIONES 82

 

 

DATAS ACTUACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES NORMATIVA DE REFERENCIA

 Consello escolar | CEIP Plurilingüe RIBADAVIA

 

NORMATIVA

 

 

Decreto 374/1996, de 17 de octubre, polo que se aproba o

Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos

colexios de educación primaria.

 

 

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos

do goberno dos centros públicos de ensino non universitario.

 

 

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de

Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o

calendario para a realización de eleccións de membros dos

consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos

públicos

 

 

 

 

26/09/2024

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

CADA 26 DE SETEMBRO LEMBRAMOS A RICA DIVERSIDADE CULTURAL E LINGÜÍSTICA DE EUROPA

Os 46 estados membros do Consello de Europa animan a máis de 700 millóns de europeos e europeas a aprenderen máis linguas a calquera idade, dentro e fóra da escola. Convencido de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento clave na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo en toda Europa. 
Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas vénse celebrando, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano

 

 

 

FOTO FABIOLA 2024

 

 

 

BASES DO CONCURSO

flechas-gif-14

 

 FotoFabiola 2024 certame fotográfico


Este ano estamos de aniversario e con este motivo ou con esta escusa convocamos o certame fotográfico FotoFabiola 2024
Hai xa 30 anos que o colexio deseñado polo arquitecto italiano Giorgio Grassi, comezase a súa andaina. A súa esencia arquitectónica e o seu contorno marcaron desde os seus inicios a súa historia.
O edificio e os seus recunchos, retratados coas vosas miradas, serán, xa que logo, o tema deste certame que terá a súa correspondente exposición no outono deste mesmo ano.

 

13/09/2024

COLECAMIÑOS CURSO  2024-2025

 

QUE SON OS COLECAMIÑOS


O CEIP Raiña Fabiola ten posto en marcha esta experiencia,dende fai uns anos. A Policía Local ten deseñados catro itinerarios para que os nenos cheguen con seguridade ao centro, e tendo que cruzar o menor número posible de pasos de peóns.

Os itinerarios son catro e un deles parte dende:

Son itinerarios dun máximo de 850 metros, e que se poden percorrer a pé nuns 10 minutos. Para facilitarlles as cousas aos pais, nos puntos de orixe destas rutas reservaranse espazos nos que poidan parar uns minutos cos seus coches para deixar aos nenos.


A clave do éxito deste tipo de programas é que os diversos actores sociais (pais e nais, a figura dos mestres e mestras, colaboración de veciños e comerciantes do barrio e como non, dos poderes públicos) se involucren cos valores que se pretenden e conseguir o compromiso de todos eles con nenos e co seu benestar.

MÁIS INFORMACIÓN

PULSEIRAS E LECTOR

 

 No interior do centro temos instalado un lector no corredor da entrada, polo cal debemos pasar a diario a nosa pulseira. Esta pulseira ademáis de acumular puntos para acadar agasallos nos distintos lugares do Comercio Amigo, enviará unha mensaxe ás familias conforme o alumno ou alumna entrou no centro.

A pulseira obterase seguindo os seguintes pasos

  1. Accedendo á APP WEB  colecaminos.santiagodecompostela.gal, premendo en Rexistrar e seguindo os pasos que na aplicación se
  2. Unha vez verificados, validaranse, e entregaranse as pulseiras no proprio centro, podendo comezar a empregalas.

Obtención de puntos e agasallos.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.