Comedor

Aviso comedor - Modificación no menú

O comedor do centro precisa de colaboradores

O Consello da Xunta ven de autorizar, de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número preciso de colaboradores que 
cumpran coas actuais condicións, a posibilidade de abrir unha nova lista de colaboradores voluntarios mentres a situación producida pola pandemia do COVID-19 persista.

Estamos autorizados a ter ata 14 colaboradores por xornada. De forma excepcional poderán inscribirse na nova lista colaboradores voluntarios que sexan familia e convivan no mesmo domicilio do alumnado usuario do servizo.

Adxúntase a información e requisitos para poder formar parte da lista 
de colaboradores de comedor.

Pregamos a vosa colaboración co obxecto de procurar unha mellora na organización e prestación do servizo de comedores. É de suma importancia dispoñer dos colaboradores suficientes que poidan cubrir estes postos tanto de forma habitual como en causas de ausencia.

Encarga de comedor
CEIP Praia Xardín

PROTOCOLO COVID PARA O COMEDOR ESCOLAR

 

 

Aquí tedes un resumo informativo sobre o protocolo de adaptación ao covid que se está a seguir no comedor do cole.

Resumo familias comedor

 

COLABORACIÓNS DE COMEDOR

Os/as interesados/as poden anotarse para colaborar no comedor ata o día 7 de setembro chamando ao 881 866 546 (de 10:00 a 13:00) e indicando nome, apelidos, teléfono e grupo do neno/a. Tamén se pode facer a través do correo electrónico do centro (ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal)

 

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2020/2021. AUTODECLARACIÓNS DE COMEDOR.

COMEDOR ESCOLAR  CURSO 2020/2021

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN (ANEXO II) (descarga)

 

  • É moi importante cubrir os seguintes datos:
  • Importe da casiña da renda neta do IRPF 2019 (Apartado A)
  • Detallar os membros da unidade familiar (pais/nais/fillos/as) Apartado B
  • Importe da renda neta per cápita (Apartado C)
  • Marcar a casiña que corresponda segundo a renda per cápita  (Apartado D)
  • Asinar todos os membros da unidade familiar agás os menores de idade.

 

  • Non entregarán a autodeclaración cando xustifiquen documentalmente algunha destas situacións:
  • Alumnado de unidades familiares con situación socioeconómica de exclusión social.
  • Alumnado con discapacidade declarada igual ou superior ao 33%.
  • Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.
  • Alumnado de unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero.


O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 9 DE SETEMBRO

Pódese entregar presencialmente no centro de 10:00 a 13:00 h. (con cita previa), ou vía mail (ceip.praia.xardin@edu.xunta.gal).

Para calquera dúbida, falar con administración:

881 866 546

 

Distribuir contido